xoves, 29 de setembro de 2011

TEMPLO DE LECTURA

O vindeiro luns reabre as portas a biblioteca con nova decoración. Este curso deixará de ser un castelo encantado para converterse nun templo adicado á lectura.
A min e ás vosas profes ocorréusenos decorala coma o templo de Zeus en Olimpia, que estaba alá pola Antiga Grecia, e do que agora só quedan as ruínas que nos permiten facernos unha idea do que puido ser Olimpia na súa época de esplendor.


E por que será que sexa este e non outra o elemento elexido para a decoración? A resposta daréivola en breve, pero mentres xa podedes ir pensando un pouquiño a ver si dades con ela.

sábado, 24 de setembro de 2011

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras comezan unha nova viaxe.  Este ano serán 9, pois xa temos unha aula máis.

Nesta ocasión, cada mochila estará con cada familia 12 días (por exemplo, saíron hoxe e regresarán o 5 de outubro) e nela atoparedes libros en galego, castelán e inglés, de lectura, para pais, de consulta, música, xogos didácticos para o ordenador...

O diario da mochila.
Gústame moito coñecer  a vosa opinión sobre a actividade, propostas de mellora, recomendacións de libros..., polo que  podedes escribir algo no diario que vai dentro da mochila.

Un agasallo.
Dentro da mochila tamén vai un agasallo para vós: un punto de lectura, para que vos acordedes de min cada vez que leades un libro.

Espero que vos guste a selección!

mércores, 14 de setembro de 2011

¡Ai!, ¡ai!, ¡ai!, do que me enterei!

Seica o próximo verán vánse celebrar os Xogos Olímpicos. Disque son uns campionatos de moitos deportes, ou algo así. ¡Co que me gusta a min o deporte! Xa estou contando os días, as semanas que faltan para que comecen.


 
Pero se vos digo a verdade, só sei que neles participan moitos países en campionatos de moitos deportes. Vós sabedes máis cousas? Ocórreseme que podiamos aprender algúnhas cousas interesantes sobre eles:
  • Que son?
  • Cando e onde comezaron?
  • Onde e cando se van celebrar?
  • Que son eses circuliños de cores?
  • Quen participa?
  • A que deportes xogan?
E seguro que a vós se vos ocorren moitas cousas máis. Vou falar coas vosas mestras para que poñan esto en marcha e investiguemos un pouco de que vai todo esto e comezamos. Que vos parece?

PLAN MELLORA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Que contenta estou!:

Contáronme os vosos mestres que para este curso volveron a concedervos o Plan Mellora das Bibliotecas Escolares. E vos preguntaredes que quere dicir isto. Pois ben, quere dicir que estamos nun programa grazas ó cal podemos mercar diferentes materiais (mobiliario, informática, libros...). Así que durante este curso seguirán poñéndoa máis fermosa, máis cómoda, con máis libros interesantes...


Seguro que quedará preciosa.

martes, 6 de setembro de 2011

COMENZO DAS CLASES

Ola rapaces!

Que ganas teño de vervos! Este verán paseino moi ben viaxando neste mar de libros con Colorín. Tamén estiven preparando novas aventuras para compartir  convosco e...coido que vos van gustar moito.

 
Rapaces, vémonos o próximo luns 12 de setembro, que será o voso 1º día de clase, de bus, plan madruga, comedor... 

Dous avisos para as familias: 
  • A reunión dos pais cos titores que se viña celebrando o 1º día terá lugar o martes 13 pola tarde, ás 16:30.
  • Os pais/nais do alumnado de infantil (3, 4 e 5 anos) terán unha reunión previa coas titoras dos seus fillos o venres 9 ás 11 da mañá.