domingo, 27 de maio de 2012

UNHA SEMANA MOI MOVIDIÑA...

Que envexa me dades nenos!
Segundo me contaron esta semana tedes unha morea de actividades previstas. Co que me gusta a min facer deporte... Igual me colo por algunha esquiniña para vervos... je, je.

Escoitade todo o que haberá:
  • O luns darannos unha charla informativa sobre as precaucións que debemos tomar ó entrar en internet.
  • O martes o alumnado do 3º ciclo irá a xogar a Nantes (Sanxenxo).
  • O martes pola tarde (ás 18:30) será o turno para que os pais coñezen os perigos de internet e as precaucións que se deben tomar.
  • O xoves virán ó noso cole os nenos do CEIP Cruceiro, de Vilalonga, para xogar cos alumnos de 3º e 4º.
  • O venres será a festa do deporte e, de novo, o alumnado de 3º ciclo disfrutará dunha xornada deportiva.
Non me digades que non é unha semana movidiña...

mércores, 16 de maio de 2012

QUE SUSTO!

Hoxe estreouse no centro a curta Que susto! realizada polos nenos de 5 anos dentro do programa Nós tamén creamos!
Nós tamén creamos! é unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora.
Trátase de pasar de ver curtas en galego... a crealas!


martes, 1 de maio de 2012

VOLVEN AS TRADICIÓNS

Este 1º de maio trouxo con el a volta ás tradicións, pois tras uns anos sin participar, o Ceip de Rubiáns estivo presente na exposición de maios, nesta ocasión da man da ANPA.

Despois de moitas horas de traballo e moita, moita ilusión conseguiron facer un cono tradicional e un hórreo no apartado  artístico.


Aínda que moitos nenos estaban moi nerviosos pasárono moi ben, e un cachiño de rosca fixo que todo se esquecera.

Noraboa!