mércores, 21 de marzo de 2012

DÍA DA POESÍA

    Coa primavera, as flores, a alegría..., chega a POESÍA. O día 21 de marzo é a data acordada pola UNESCO para celebrar o Día Mundial da Poesía. Non podemos esquecer que este ano celébrase o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e por iso escollemos esta estrofa escrita por ela.
  
               Has de cantar,

               meniña gaitera;
   
               has de cantar,

         que me morro de pena.
            

venres, 9 de marzo de 2012

VISITA DE BEATRIZ QUINTÁNS

Onte celebramos o Día Internacional da Muller coa visita da Doutora en Bioloxía Beatriz Quintáns que nos explicou un pouquiño da súa profesión como investigadora en Neuroxenética.
Nesta charla todos aprendemos moito e descubrimos que o ADN contén a información que nos transmiten os nosos pais sobre como ten que ser e funcionar cada parte do noso corpo. Entendemos como se producen as enfermidades xenéticas a través de erros no ADN, que se chaman mutacións. Os tipos máis frecuentes de mutacións contounos que son porque faltan, sobran ou están cambiadas as "letras" do ADN, e isto pode repercutir no funcionamento do noso corpo.
O equipo de científicos ó que pertence adícase, sobre todo a investigar as coñecidas como enfermidades raras, que son en realidade enfermidades que se producen con moi pouca frecuencia.


Tamén  vimos como é un laboratorio e os seus aparellos, e o camiño que ela tivo que percorrer para pertencer a un equipo de científicos de renome internacional. Explicounos que os resultados das investigacións se difunden publicando artigos en revistas científicas (como Nature Genetics ou Brain, que acaban de publicar dous dos seus traballos de investigación) e en congresos ós que acoden científicos de todo o mundo. 


Pero o que máis nos impresionou a todos foi que si desenrolasemos a cadea de ADN que contén toda a información xenética no núcleo de cada célula  sería tan longa coma unha persoa. Pero aínda máis si estirásemos as de todo o corpo chegaría 6 veces á Lúa (co lonxe que está!!!).

Moitas grazas por vir, Beatriz.

luns, 5 de marzo de 2012

Agora que xa sabemos que o nome da nosa convidada é Beatriz Quintáns Castro imos coñecela un pouco mellor.
Onde vive?  
Vive na vila que é capital da Ría de Arousa, fundada por D. García de Caamaño en 1441, quen estableceu a súa residencia nun pazo ben coñecido por nós.
Nas súas festas hai elementos importantes:
·         un líquido incoloro, inodoro e insípido,
·         un molusco,
·         fogos artificiais…
_ _ _ _ _ _ _ _ _ _   _ _   _ _ _ _ ­_ _

Que estudou?
Para realizar o seu traballo de investigación tivo que:
Estudar a ciencia que estuda os seres vivos: _ _ _ _ _ _ _ _
E doutorarse no funcionamento da herencia xenética que lle deixan os pais aos seus fillos: _ _ _ _ _ _ _ _


Cando virá?
O día que virá ao noso cole a personaxe misteriosa tamén sucederon outras cousas hai moitos anos:
·  415, morre Hipatia de Alejandría, primeira muller matemática. Escribeu sobre xeometría, álxebra e astronomía, mellorou o deseño dos astrolabios —instrumentos para determinar a posición das estrelas sobre a bóveda celeste— e inventou un densímetro.
·  1126: en España, Alfonso VII é proclamado rei de Castilla e de León, tras a morte da súa nai Urraca.
·  1947: Florentino Pérez, empresario e dirixente futbolístico español.
·  Celébrase o Día Internacional da Muller, orixinalmente chamado Día Internacional da Muller Traballadora
_  _   _ _   _ _ _ _ _

sábado, 3 de marzo de 2012

QUEN VIRÁ?

De novo temos unha sorpresiña preparada para dentro duns días. Unha persoa que está a desenvolver un traballo moi importante virá convidada ó noso cole para explicarnos algo do que fai. Apetécevos xogar e averiguar quen é? Ahí van as primeiras pistas.

O seu nome é coma o da raíña do país dos tulipáns e dos muíños de vento. A súa capital (Amsterdam) é coñecida coma a Venecia do norte de Europa e nela atópase o museo Van Gogh.




    Averigua o seu 1º apelido poñendo a letra que che indica cada definición.

Letra inicial de quilo

Derradeira vogal

Nº 1 en números romanos

Se tivese un sombreiro sería moi española

Infusión que os ingleses toman ás 5

Primeira letra do alfabeto

Nunca se pon antes de p ou b

Silencio



Para averiguar cal é o seu 2º apelido debedes pensar no primeiro escudo da nosa vila e averiguar que elemento defensivo aparece 3 veces na parte alta do mesmo.


Como se chama?  

_ _ _ _ _ _ _      _ _ _ _ _ _ _ _     _ _ _ _ _ _