luns, 30 de abril de 2012

CONTOS EN FAMILIA

Benvidos á miña casa!
A semana pasada comezaron a achegarse pola miña casa, a biblioteca do centro, os pais e nais do alumnado de infantil para contarlles un conto ós seus fillos e compañeiros por iniciativa das súas mestras.


Eu non me perdo ningún e todos me gustan moito! Tamén ós nenos, que están moi atentos e non perden detalle. Da igual que sexan contos coñecidos ou non, teriades que ver as cariñas de ilusión...
Pero o mellor de todo é o orgullosos que se sinten cando veñen as súas familias e se convirten en protagonistas.

Espero vervos a todos por aquí.

O GATO CON BOTAS

Que ben o pasei! E vós?
Esta mañá os mestres da Escola de Música Municipal de Vilagarcía viñeron representar o musical "O gato con botas" ó noso cole e foi xenial.


Asistimos todos os nenos e mestres do cole e pasámolo en grande. Coñecemos os instrumentos, cantamos, berramos, aplaudimos... e aprendemos a moralexa do conto:
SI TES UN AMIGO TES UN TESOURO!

mércores, 25 de abril de 2012

O SEÑOR DON LIBRO

Seguimos celebrando o Día do Libro con contacontos, contos motores, o mural do noso libro favorito...

Imos homenaxealo agora con este poema de Gloria Fuertes:

Estaba el señor don Libro
sentadito en su sillón,
con un ojo pasaba la hoja
con el otro ve televisión.

Estaba el señor don Libro
aburrido en su sillón,
esperando a que viniera... (a leerle)
algún pequeño lector.

Don Libro era un tío sabio,
que sabía de luna y de sol,
que sabía de tierras y mares,
de historias y aves,
de peces de todo color.

Estaba el señor don Libro,
tiritando de frío en su sillón,
vino un niño, lo cogió en sus manos
y el libro entró en calor.

luns, 23 de abril de 2012

SE TI LES ELES LEN

Este vídeo móstranos como os nenos imitan en todo ós maiores, de modo que si nos ven lendo será máis doado que fagan o mesmo.

sábado, 14 de abril de 2012

DEPORTES

Como xa vos contara, este trimestre imos aprender moito sobre os deportes olímpicos. Que ben, co que me gusta a min facer deporte!

E sabedes do que me enterei? O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º vai ter unha xornada de XADREZ  o próximo martes, a través do programa Xogade da Xunta de Galicia.


venres, 6 de abril de 2012

E AGORA OS DEPORTES!!!

Xa falta menos para que comecen os Xogos Olímpicos de Londres. E por iso neste trimestre imos aprender un pouquiño dos deportes que se practicarán alí, dos símbolos destes xogos e das paralimpiadas. Por certo, sabedes que son as paralimpiadas?