xoves, 7 de xuño de 2012

Visita de Dani Barreiro

Onte visitou o noso colexio Dani Barreiro, deportista vilagarcián que consigueu 2 diplomas paralímpicos nos Xogos Paralímpicos de Atlanta 1996.
Foi un día maravilloso no que todos aprendemos e disfrutamos moito. En primeiro lugar os alumnos de infantil escoitaron todo o que Dani tiñan que contarlles e logo probaron o goalball. Pasárono en grande!

Logo foi o turno dos maiores. Estiveron tan atentos e interesados e fixéronlles tantas preguntas que as profes tiveron que paralos porque senon non poderían probar todos o goalball.

Esta experiencia está recollida nos xornais de edición local. Podedes ver os artigos e fotos que publicaron nestes enlaces:

GRAZAS, DANI, POR VIR E ACERCARNOS AOS XOGOS PARALÍMPICOS E Ó MUNDO DOS DICAPACITADOS. 

martes, 5 de xuño de 2012

Mañá visítanos... Dani Barreiro

Nenos!
Mañá ven ó noso cole Daniel Barreiro Garrido!
Que quen é? Pero non o sabedes?
Segundo me contaron por ahí participou nos Xogos Paralímpicos de Atlanta en 1996 na modalidade de ciclismo (tándem) como guía dun ciclista cego. Que envexa! Estar nunhas paralimpíadas...


Agora traballa coma Técnico da Federación Española de Deportes para Cegos (FEDC) e a Organización Nacional de Cegos de España (ONCE).

Falaranos dos deportes paralímpicos pero as súas especialidades son ciclismo e goalball. Le máis sobre estes deportes nos enlaces.


OS XOGOS PARALÍMPICOS

En breve comezaran os Xogos Olímpicos e ó seu remate, e non por iso menos importante, será o momento dos Xogos Paralímpicos, os Xogos para persoas discapacitadas.




Na páxina oficial do Comite Paralímpico podedes ler información de todos estes deportes:  atletismo, baloncesto, boccia, ciclismo, esgrima, esquí, fútbol-5, fútbol-7, goalball, halterofilia, hípica, judo, natación, remo, rugby, tenis, ping pong, tiro con arco, tiro olímpico, vela e voleibol.