Como xa sabedes o próximo 17 de maio conmemórase o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos. Queredes saber algo dunha das escritoras máis importantes de Galicia? Xoga con estes LIMs que nos fixeron nos colexios CEIP Alexandre Bóveda e CEIP Nosa Señora das Dores.
xoves, 16 de maio de 2013
mércores, 15 de maio de 2013
ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Xoaquín Frei comparte connosco esta presentación sobre Bolaño. É un moi bo resumo para coñecer a este autor.
UN POUCO MÁIS DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO
O día das Letras Galegas deste ano está adicado a Roberto Vidal Bolaño. Autor, actor, director, escenógrafo e mesmo de iluminador de múltiples obras polas que recibiu numerosos premios.
Podedes aprender cousas sobre el mentres xogades coas actividades que nos propoñen dende o Seminario Galán.
BrincaLetras que atopamos no espazo Abalar.
venres, 10 de maio de 2013
MARUJA MALLO
Como xa sabedes neste terceiro trimestre estamos a traballar á pintora galega Maruja Mallo. Para aprender un pouquiño máis sobre ela, temos preparada unha webquest. Pasádeo ben navegando.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)