luns, 28 de xaneiro de 2013

QUERES SER UN ARTISTA?

Podes ser un artista e deseñar os teus propios retratos ó estilo Picasso dende este enlace.
 

PICASSO EN ACCIÓN

Queres ver a Picasso en acción? Neste vídeo podes velo pintando en 1950, con 69 anos.

UN ENTROIDO DE COR!


Ola!

Sabedes que está chegando o Entroido? E xa pensáchedes nalgún disfraz?  Non? Pois vouvos dar unha idea. Como estamos traballando a pintura podiades disfrazarvos de pintores ou de personaxe dalgún cadro, de tubo de pintura… Xa veredes ímolo pasar xenial. E eu…. de que irei?
 


 

QUERIDO COLORÍN

Colorín contestoume e eu tiven tanto que facer que non puiden quedar con el. Espero que non me esquecera e aínda queira verme. Agora tócame a min mandarlle a correspondencia.
Sei que, como din algúns nenos, o noso é un amor imposible pois el precisa do mar e eu das árbores, pero ó mellor na nosa paixón polos libros atopamos unha solución. Mirarei nos libros de consulta e tamén nos de fantasía e si queredes podedes axudarme. Si se vos ocorre algunha solución podedes poñela no apartado de comentarios.
Moitas grazas nenos por axudarme.

Podedes ver as cartas na sección de produccións propias da nosa biblioteca.