martes, 29 de outubro de 2013

EXPOSICIÓN DE CABAZAS

Noraboa rapaces! Un ano máis deixádesme abraiada co fermosas e orixinais que son as vosas cabazas.
Velaí vai unha mostra. En canto poidamos seguiremos poñendo máis fotiños.

mércores, 9 de outubro de 2013

A xogar!

Neste xogo comprobaredes canto aprendéchedes sobre a vendima.
No CEIP Francisco Xavier da Coruña fixeron un traballo sobre a RIBEIRA SACRA e a VENDIMA. Podedes aprender moitas cousas premendo na imaxe.



A VENDIMA

Queredes saber como se facía a vendima antigamente? Pois mirade este vídeo.

ESTE ANO VAI DE TROULA!

Ola, nenos:
Que tal pasáchedes o verán? Seguro que xenial, entre a praia, as festas, a familia... Pero coido que despois duns días de descanso tamén empezáchedes á aburrirvos, así que estamos dispostos a facer unha chea de cousas.
Estiven falando cos vosos mestres e pedinlles que me ensinasen un pouco máis dos vosos costumes, das vosas festas, das tradicións desta terra que xa é un pouco miña. E eles enseguida pensaron que podía ser o tema de traballo deste ano e puxéronse mans á obra.
Xa veredes cantas cousas interesantes imos descubrir!